Conta miña nai (Otilia) que en Seceda apenas recorda que viñera correr o entruido xente doutros pobos, quizás, a distancia que tiña o pobo dos outros e o ser un pobo con moitos veciños, permitialles facer a festa entre eles. A semana antes xa do entruido e durante el, s calquera momento do día preparábase o lío. Ese podía ser de moitas maneiras:
Os mozos facían fachois con palla que prendían, berraban ” entruido eiquí” e acudían onde berraban uns cos fachois e normalmente as mozas respondían con auga, e así andaban as rúas e calexas do pobo.
Normalmente na fonte solía haber algún mozo e se ía unha moza empezaba o lío de mollarse e tamén berraban entroido eiquí e así o resto de mocidade do pobo acudía para sumarse a festa.
Non só con auga, tamén podía facerse tinguindose as caras coa cinza do tambor o co aceite do farol.
Un tinte moi usado no entroido era tamén “o vermelló” ( mineral ou pedra non sei exactamente que é que se atopa nunha cova de Seceda e tingue de vermello.) Disolvian esa pedra en auga e untaban as caras cun trapo.
Durante eses días calquera en calquer momento vestíase con roupa vella e facían carautas con cartón que pintaban, e recorría o pobo e as casas. Ás veces ían acompañados polo ” felo” que levaba un xardo co que atizaba aos mirois.
En Seceda sempre había baile o martes de carnaval, o baile sempre aparecía alguén do pobo disfrazado que non se sabía quen era. A xente de fóra que viña o baile non se lles tocaba pq viñan mudados e respetábanse. Salvo unha vez que recorda miña nai que fóra un veciño de Sobredo vestido cunha sábena blanca ( de ánima) e ía tirando augardente ardendo no baile entre a xente.
O entruido en Seceda, supoño que como en moitos sitios era longo e aparecía a troula en calquer sitio e momento.