Vilela

Aquí recordan que se disfrazaban co que “sobraba” ou cos trapos máis vellos. Era común pór a tea dun paraugas vello na cara.
Acostumaban levar o entroido a Noceda e os de Noceda a Vilela. Estes últimos recordan que un ano, cando aínda non tiñan a distribución da auga ás casas en Vilela, pero en Noceda si, os de Noceda leváronlles un Entroido de palla, noutras aldeas chamado Meco. Xunto ao Entroido ía unha carta que poñía algo así:” Xa que os de Vilela aínda tedes que ir coa ola á fonte, deixámosvos o fontaneiro a ver se vola pon “. O Entroido quedou diante da capela, e ao día seguinte, os de Vilela devolvérono a Noceda, enriba dun cabalo de madeira, revestido de palla, coa seguinte mensaxe: “Trouxéstesnolo espido e descalzo. Nós traémosvolo calzado e nun burro.”

Carballal

Recollemos nesta aldea a 2 persoas , outro peculiar entroido da serra. Ian con roupa estragada. Fumeallos, estopas e liño, usabase para tirarse entre a xente e compoñian cancións . Tamén había gaiteiros. E polos camiños, soltaban un castrón topón e un burro. “Batugaban ” á xente (tirabanlles cousas para ensucialos ou mollalos ) queixo callado, auga con cuncas e cinsa que traían nunha cesta. Queimaban palla e tirábana. Tinguían á xente , con tinta dun regato que había na aldea, medio carbonado. O mesmo feito repetíase  en Cortes.  Nesta última aldea, a tinta que facían cunha pedra avermellada, tinguía desa cor. As figuras que corrían o carnaval eran os Felos e o Demo que levaba unha careta. Facían ruído coas zocas nas airas,e como as zocas levaban cravos, resoaban en toda a aldea.  Recordan vagamente o Domingo Cordeiro…

Teixeira

Nesta aldea , era tradición o Xardoeiro que andaba cun mango e un xardón atado. Ían con carautas cun pelexo dunha ovella. E levaba unha MOCA cun farraco de cinsa na punta e dáballe con eles á xente. Un personaxe ía cardando nunhas cardias. E outro cun sarillo pequeno.  Tamén levaban Cichois de auga, con paraugas ou madeira barrenados con trade dos zocos e outro pau que empuxaba, envolto en estopa. Aquí o entroido comenzanba no Domingo Lardeiro (7 días antes do domingo de entroido) Para facer ruido, levaban máis dunha choca no cinto e unha lata de pimento, a veces. Tamén tinguían a xente que coincidía Era costume levar un “Antroido” a Noceda, de palla e cun escrito que solían ser Brindos meténdose cos de esa aldea ou con temas de actualidade. Engadimos unha imaxe dos últimos que se levou:

Inicio

Maís pouco queda das vellas tradicións que non sexa a celebración da comida, o resto quedou no baúl das lembranzas…. O entroido foi sen dúbida, unha grande e comunitaria festa do pobo, que a debe do Courel ten intención de recuperar. Correntía de auga non a falar, nin cinsa nin tampouco palla, coa que alumar os camiños para acompañar o Meco coma antano fixeron os devanceiros. 

Xorde o entroido, como rio de emocións e sentimentos, coa intención de que volva formar parte do antigo ritual que ameaza con perderse. Polo que paga a pena tentar recuperalo

   Mercedes Vázquez Saavedra

Viveo con nós

Tense planeado sair este ano ó Entroido, caracterizados, todxs os que desexedes. Días: Domingo 23 de Febreiro, recorrer a Feira de Seoane, de maña.

O resto do días podense recorrer outras aldeas. Iranse falando no obradoiro de disfraces que terá lugar o Sábado 8 de Febreiro na Antiga escola de Seoane.A partir das 16.00


O plan de “traballo” será:
-Confección de máscaras e traxes.
-Plan para o entroido.
-Elaborar o cartel para anunciarnos.
Compre levar teas, cartons, peles ou o que cada un considere.

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos